ABE E CONCELLO ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A PROMOCIÓN ECONÓMICA DO MUNICIPIO
Boiro 15 de decembro de 2023
O alcalde de Boiro,José Ramón Romero, e o presidente da ABE, Daniel García Dosil, asinaron un convenio de colaboración entre a administración e a entidade para a promoción económica e comercial do municipio.
En base a ese convenio a realiza campañas específicas ao longo do ano e conta tamén con persoal administrativo e técnico dedicado ao asesoramento ao emprendemento e á actividade empresarial.
En canto as actividades realizadas destacan as Noites Abertas, a campaña de Bonos 10, quincenas fantásticas, fora stocks Boiro ou campañas de promoción do consumo local como Xuntos Sumamos ou a campaña de nadal.
Durante o ano 2023 a ABE remitiu 280 circulares e 102 notas de prensa tivo 314 aparicións nos medios realizaou 276 asesoramentos sobre axudas e emprendemento con 64 expedientes tramitados cun importe de 421.200 € conseguidos en subvencións para os seus asociados.